CARTA
DE CEDEIRA
(Declaración sobre
a pesca no caladoiro do Cantábrico-Noroeste)
Sr. Ministro de Pesca:
As Confrarías de Pescadores que exercen
a súa actividade pesqueira no caladoiro
nacional do Cantábrico-Noroeste, Federacións,
e organizacións do sector, que seuscriben,
expresando o sentir dos milleiros de familias
que viven da pesca, ante a alarmante e caótica
situación dos recursos mariños
das nosas costas, dirixímonos a V.E.
coa finalidade de lle expor unha serie de
propostas de actuación inmediata que
sirvan para frear dunha vez por todas a gravísima
deterioración que están sufrindo
os nosos caladoiros e o ecosistema mariño,
pois entendemos que segue sen haber unha política
pesqueira eficaz e coherente, e que nunca
a houbo.
En primeiro lugar, desexamos suliñar
que a filosofía do presente documento
baséase exclusivamente na necesidade
urxente de adoptar as medidas oportunas para
recuperar o mar. Non podemos permitirnos o
luxo de perder máis tempo en discusiones
estéreis, nin en ficticias loitas entre
artes ou comunidades veciñas, que só
benefician aos que desexan enriquecerse á
custa de pescaren "canto máis
e máis rápido, misor",
sen se preocuparen da necesidade de variar
o actual patrón de explotación
cara a outro modoo baseado nunha pesca sustentábel
e con futuro.
Por iso, agora todos debemos asumir o noso
mea culpa, e no grao que a cada segmento do
sector extractivo corresponde, así
como a propia Administración pesqueira,
e dispornos a traballar para que, iniciado
este novo milenio, invirtamos esta secuar
conducta depredadora por unha actitude responsábel
co mar, coa súa riqueza pesqueira,
co ecosistema mariño e coa súa
biodiversidade.
As propostas que seguen foron formuladas
desde o sector pesqueiro de baixura, que representa
nada menos que ao segmento de frota nacional
máis importante a nivel social e económico,
constituíndo unha actividade esencial
na economía de todos os pequenos portos
pesqueiros. A baixura, constituída
por pesqueiros de dimensións acordes
coa realidade da nosa pequena plataforma continental,
é a antítese da pesca industrial,
e a diferencia de ésta, caracterízase
por estar organizada maioritariamente en torno
a unha estructura empresarial familiar, o
que nos motiva -aínda máis se
cabe- a implicarnos na consecución
dun modo de pesca sostíbel tanto para
os pescadores actuais como para as xeracións
vindeiras.
Tamén queremos seuliñar que
a pesca de baixura posúe o factor humano
máis numeroso de todas as modalidades
de pesca nacionais, e os beneficios xerados
repártense entre milleiros de familias
que viven de cara ao mar e non "a su
costa", representando o pilar fundamental
na economía das poboacións do
litoral, xerando además un efecto multiplicador
por creación de emprego indirecto,
inclusive terra adentro.
Neste sentido, queremos resaltar o feito
de que as propostas que agora presentamos
están avaladas por milleiros de familias
pescadoras, familias ás que xa non
lles serven máis boas palabras, máis
dubidosas desculpas de que "se necesitan
máis estudios", máis promesas
de accións futuras,... pois a pesca
tocou fondo.
Non hai xa que logo máis excusas que
só serven para aletargar de novo a
adopción das medidas que desde hai
decenas de anos se veñen recamando
desde o propio sector e co apoio unánime
dos científicos.
Polo exposto, as nosas propostas serán
concisas, concretas, caras, nidias, e sen
dobreces. Exactamente do mesmo modo en que
desexamos que se produza a pronta resposta
da Administración pesqueira.
O sector non come con boas paabras. Agora
xa só serven feitos e prazos concretos.
1. PROPOSTAS RELATIVAS Á PESCA DE
FONDO.
O problema da pesca de fondo poderíase
reducir en tres puntos:
Cesamento inmediato da pesca de xuvenís.
Reguación da pesca de adultos.
Conservación e protección do
ecosistema mariño.
Para atinxir estes obxectivos, SOLICITAMOS:
1.1 Erradicación inmediata da pesca
de arrastre en pedra (tren de bolos) e de
parella semipeláxico.
A pesca de baixura non ten nada en contra
dos arrastreiros tradicionais, aqueles cos
que desde hai máis de tres séculos
se vén compartindo a pesca, sempre
que se respete a normativa vixente.
Sen embargo, o que non estamos dispostos
a tolerar é a moi preocupante tendencia
dos últimos anos, exercida por determinadas
unidades do sector de arrastre, de se dotaren
de artefactos nos sacos e de faenar con arrastre
en parella semipeláxico, pois ambas
"malas artes" están arrasando
co pouco que queda a un ritmo nunca antes
visto.
O arrastre con tren de bolos causa danos
gravísimos nos fondos mariños,
destrozando os biotopos e alterando os fondos
de xeito irreversible ou de moi lenta recuperación.
Captura todo o que se cruza polo seu camiño,
do cal a maior parte é posteriormente
devolto ao mar, como descarte, xa morto.
É por este tremendo dano aos recursos
e ao medio mariño polo que solicitamos
a súa INMEDIATA ERRADICACIÓN
en todo o caladoiro do cantábrico-noroeste.
O arrastre semipeláxico á parella
está colaborando activamente na extinción
do stock de pescada, incidindo de forma especial
nas concentracións de xuvenís
ou cariocas. É tamén imprescindible
prohibilo no caladoiro nacional cantábrico-noroeste,
e mentres non se varía a lexisación
comunitaria, con carácter de máxima
urxencia, limitar a súa actividade
a fóra das 12 millas da costa.
Non nos vale ningún argumento baseado
en que estes barcos cumpren a normativa de
mallas, nin de zonas, xa que a realidade é
que se están masacrando as poboacións
de xuvenís, amparados nunha lexislación
que, obviamente, falla, e que por tanto é
preciso cambiar coa máxima urxencia.
1.2 Inmediata entrada en vigor da orde que
modifica as zonas de veda para o arrastre
de fondo no caladoiro cantábrico-noroeste.
Segundo informa a Secretaría Xeral
de Pesca Marítima, o pasado mes de
decembro de 1999 solicitouse o preceptivo
informe das Institucións Comunitarias
en relación á revisión
de determinadas zonas de veda para o arrastre
de fondo no cantábrico-noroeste e,
polo de agora, a Comisión non se pronunciou
ao respecto.
Mais isto non debe servir como excusa para
que a orde entre en vigor sen máis
extraños aprazamentos, posto que só
dúas das zonas de veda descritas no
proxecto de orde exceden as 12 millas. De
feito, o borrador elaborado na época
de Dona Loyola de Palacio, contemplaba como
data de entrada en vigor o 1 de xaneiro de
2000, data que -como é evidente- non
se cumpriu.
O sector de arrastre solicitou entón
novos estudios, aos que non nos opomos, mais
sen que iso implique un retraso da entrada
en vigor da orde, xa que de ser así,
estaríase incumprindo camorosamente
o "Código de Conducta para unha
Pesca Responsable", da FAO, no cal España
participou activamente na súa redacción
e posteriormente suscribiu, e en cuxo capítulo
7.5, referente ao "criterio de precaución"
di: "A falta de información científica
adecuada non se debería utilizar como
razón para aprazar ou deixar de tomar
as medidas de conservación e xestión
necesarias".
Obviamente, neste caso sobra información
científica que avala a necesidade de
implantar sen máis dilación
estas zonas de veda, o que aínda é
máis grave. Parece, por tanto, evidente
que o que se está tentando é
retrasar unha e outra vez a adopción
de medidas absolutamente inaprazables.
Por iso, SOLICITAMOS , sen máis retrasos
nin desculpas, e independentemente do informe
da Comisión Europea, a inmediata entrada
en vigor da "Orden Ministerial por la
que se establecen determinadas vedas de arrastre
en el caladero nacional del cantábrico
e noroeste", alomenos no que respecta
á franxa de 12 millas, deixando as
zonas que exceden esta área á
espera do informe da Comisión.
Neste senso, desexamos resaltar a opinión
dos científicos do Instituto Español
de Oceanografía, que aseguraron recentemente
en medios de comunicación escritos
que, ao se teren producido malos recrutamentos
estes últimos anos, a non adopción
inmediata das medidas de protección
das zonas de concentración de xuvenís
poderán derivar no colapso do stock
de pescada.
Xa non hai argumentos que xustifiquen nin
un só día máis de retraso.
1.3 Revisión das tallas mínimas
das especies obxectivo.
En bioloxía pesqueira, a idade de
primeira captura é a idade correspondente
á madurez sexual, a partir da cal o
exemplar xa se pode capturar, pois considérase
que tivo a oportunidade de se reproducir polo
menos unha vez.
Considerando a relación existente
entre a idade dos peixes e a súa talla,
créase o concepto de "talla mínima",
que é aquela que se corresponde coa
idade na que o peixe conseguiu a súa
madurez sexual.
Resulta por tanto incomprensible a todas
luces que especies como a pescada teñan
establecida unha talla mínima moi por
debaixo da talla de madurez sexual, feito
que só favorece aos que se dedican
a capturar inmaduros.
Por iso, SOLICITAMOS que con carácter
xeral primen os criterios biolóxicos
sobre calquera outro e, agás en casos
debidamente xustificados, se proceda a elevar
as tallas mínimas das principais especies
obxectivo da pesca de fondo, especialmente
da pescada.
1.4 Revisión das dimensións
de malla (R.D. 1441/1999).
Desde o pasado 1 de xaneiro de 2000, procedeuse
ao incremento da malla das redes de arrastre
e a betas dirixidas á pescada, conforme
ao establecido no Regulamento (CE) nº
850/98.
Non entendemos como, mentres se puxo unha
malla mínima ás betas de 80
mms - co cal a totalidade das capturas de
pescada superan amplamente a talla legal-
ao arrastre se lle permite faenar con 40 mms.
en fondos de máis de 200 metros, e
con 55 mms. en fondos inferiores, co que seguiran
pescando xuvenís de pescada.
Por iso, e considerando que os buques de
arrastre que exercen a pesca con mallas de
55 dirixen a súa actividade á
bacaladilla, e que, segundo os informes do
Instituto Español de Oceanografía,
a distribución desta especie desénvolvese
prioritariamente en fondos superiores a 200
metros, SOLICITAMOS que se prohiba expresamente
o uso de mallas de arrastre menores de 70
milímetros en fondos inferiores a 200
metros, estando permanentemente prohibido
o seu uso dentro das 12 millas de distancia
á costa, "mar territorial"
competencia exclusiva da administración
nacional.
1.5 Unificación de horarios de descanso
semanal.
Proponse a unificación dos horarios
de descanso semanal para todo o caladoiro
cantábrico noroeste. Este descanso
deberá durar 48 horas continuadas,
que como norma xeral puideran ser desde as
00:00 h. do sábado até as 00:00
horas do luns, cubrindo así o fin de
semana, o que repercutirá nun mellor
ordenamento pesqueiro e no benestar das familias
dos homes do mar.
Cuando se deran circunstancias locais que
xustificasen mudanzas neste horario xeral
para algunhas artes, poderíase estudiar
a súa aplicación mediante planos
de pesca especiais con horarios ou épocas
de veda de forma que se seguise cumprindo
a porcentaxe de 2 días de descanso
obrigatorios (48 h.) de cada 7 días.
1.6 Vixilancia e control dos desembarcos
de todas as frotas.
De nada serven as medidas se non se fan cumprir.
Por iso, SOLICITAMOS un aumento permanente
da vixilancia e control dos desembarcos, así
como en todo o circuito comercial.
Desde a Administración dísenos
que se fixeron moitas cousas, que se puxeron
moitos medios, que se realizaron convenios
con forzas de seguridade, pero nos mercados
segue habendo inmaduros. Paremos xa esta debacle.
2. PROPOSTAS REATIVAS Á PESCA DE SUPERFICIE:
Mentres que a metade sur do Golfo de Biscaia,
Cantábrico e Galicia, ve como as distintas
pesquerías van diminuíndo os
seus rendementos a pasos axigantados, nada
parece cambiar na política pesqueira.
Os arrastreiros peláxicos e do tipo
Naveran así como as redes de deriva,
seguen realizando a súa actividade
destructiva sobre especies tan sensibles e
de histórica importancia para as nosas
frotas, como a anchoa, a sardiña o
o bonito do norte.
Por iso, SOLICITAMOS:
-A prohibición total das redes de
deriva en augas da Unión Europea ao
01/01/2002 (Decisión do 08/06/98).
-A adopción dunha moratoria para o
arrastre peláxico e de grande abertura
vertical (Naveran) en augas comunitarias do
Golfo de Biscaia ao sur do paralelo 46.
-O control dos descartes e estudio do impacto
do arrastre peláxico e de grande abertura
vertical (Naveran), efectuados nesta zona
por parte de observadores independentes dos
estados costeiros.
-A adopción de medidas que eviten
firmemente a captura de peixes inmaduros.
3.OUTRAS PROPOSTAS:
3.1 Paros biolóxicos.
No Dereito Romano, as costas, o mar, o aire
e a agua eran considerados "res communes"
-recursos comúns-, polo que non podían
ser obxecto de explotación comercial
privada. Posteriormente, a grande importancia
económica que adquiriu o aproveitamento
dos recursos pesqueiros motivou aos gobernos
de todos os países das ribeiras a lexislaren
de forma que a explotación dos recursos
mariños non pasase a regularse de forma
privada, senón que estivese supervisada
e dirixida pola Administración pública.
O Código Civil actual dispón
que o dereito pesqueiro non se rexe por normas
de dereito privado, senón por leis
especiais de dereito público.
Do exposto dedúcese que a Administración
pública é a encargada de regular
o sector, sendo por tanto responsable última
das consecuencias que se poidan derivar da
súa inoperancia ou desleixo.
Xa que logo, nengún segmento do sector
pesqueiro ten porque asumir os custos causados
por decenios de pasividade e consentemento,
polo que entendemos que se debe artellar a
posibilidade de que os barcos afectados por
medidas de protección como vedas espaciais
e/ou temporais, se poidan acoller voluntariamente
a paros biolóxicos subvencionados pola
Administración pública, pois
chegou o momento de nos sacrificar todos,
incluíndo a quen tivo que evitar chegar
a esta situación, ao non pór
os medios necesarios que garantisen o cumprimento
das até agora ineficaces normas que
se dictaron. E á crua realidade actual
nos remitimos.
3.2 Novo período IFOP. 2000-2006.
Potenciamento da baixura.
Un dos elementos principais que obrigaron
á creación do IFOP foi a crise
pesqueira, recoñecendo xa en 1993 os
propios Ministros de Pesca da UE que "para
facer fronte á realidade hai que recoñecer
que o sector pesqueiro está en crise
e que para sobrevivir é absolutamente
necesario que se adapte e que reaccione ante
a nova situación, caracterizada principalmente
por un exceso de capacidade de frota e por
unha explotación excesiva das pobacións".
Agora, sete anos despois, podemos comprobar
que, a pesar de que se gastaron miles de millóns
de pesetas, a crise non só se agravou,
senón que está na súa
fase máis crítica de toda a
historia da pesca no Atlántico ibérico.
Este aparente paradoxo é fácil
de entender, xa que se ben se reduciu lixeiramente
o número de barcos, a súa capacidade
de pesca multiplicouse varias veces, xa que
os buques industriais de arrastre de fondo
que operan nas nosas augas hoxe en día,
foron totalmente renovados con fondos comunitarios
creados para o contrario, e están dotados
das últimas tecnoloxías en detección
de pesca, con motores impresionantes e toda
sorte de artefactos ilegais nos sacos, ou
aproveitando supostos "vacíos
legais" como no caso citado do arrastre
semipeláxico á parella.
Se a este feito engadímoslle o incumprimento
reiterado dos xa de por sí escasísimos
"fondos mínimos" e áreas
de veda, comprenderemos que non estamos diante
dun paradoxo senón diante dun tremendo
despropósito, unha falta de coherencia
en materia de política pesqueira. E
unha vez máis, á dura realidade
nos remitimos.
Polo exposto, SOLICITAMOS
Que o novo período IFOP 2000-2006
sexa o IFOP da recuperación do mar,
destinándose integramente aos fins
para os que foi creado:
-Frear a explotación excesiva das
pobacións, subvencionando os paros
biolóxicos naquelas zonas e épocas
que os científicos estimen que se deben
protexer.
-Adecuar a frota aos recursos, favorecendo
a paralización definitiva dos buques
cuxas actividades son máis destructivas
cos recursos e o ecosistema, de acordo coas
directrices emanadas polos científicos.
-Renovar e potenciar a frota de pesca selectiva,
aquela que non pesca inmaduros e é
respectuosa co medio marino, como mellor vía
para garantir a recuperación do mar.
-Dotar os medios e servizos necesarios para
garantir o cumprimento estricto das medidas
de protección que se adopten, sempre
artelladas baixo criterios biolóxicos
e sociais. E cando dicimos sociais, referímonos
a traballar sempre en beneficio da maioría.
Por último, quereríamos lembrar
que a súa antecesora no cargo asegurou
que o futuro da pesca española pasa
necesariamente pola recuperación dos
caladoiros propios, dificultando ao máximo
a acción das artes destructivas que
até agora actuaron impunemente pondo
ao bordo do colapso aos stocks de peixes e
outros recursos mariños que son o motor
económico da inmensa maioría
das pobacións costeiras do Cantábrico
e Galicia.
Agora, como Ministro de Pesca ten súas
mans a oportunidade de se converter nunha
persoa comprometida de feito coa xente do
mar. Díxose moitas veces que quizais
sexa a derradeira oportunidade para salvar
a crítica situación dos nosos
caladoiros, mais tristemente é posible
que así sexa.
Por iso, estamos seguros que comprenderá
que a estas alturas ao sector xa non lle serven
máis boas palabras, nin rebuscadas
respostas cunha ambigüidade calcuada,
nin promesas de futuro, nin insostibles argumentos
baseados na suposta necesidade de "máis
estudios".
Só serven os feitos e prazos concretos,
polo que estamos certos que comprenderá
que, ante a crítica situación
que estamos atravesando, o sector de pesca
de baixura reservarase o dereito de adoptar
outras medidas de actuación no suposto
de que non se vexan xestos reais -queremos
feitos- nun breve prazo por parte da administración
pesqueira.
No porto de Cedeira, A Coruña, a 4
de marzo do 2000.