|
Año
1997
* Resumen
*
*
*
*
Año
1998
*
Año
1999
* Resumen
*
*
*
*
Año
2000
* Resumen
*
*
*
*
Año
2001
* Resumen
*
*
*
*
*
*
*
Año
2002
* Resumen
*
*
*
*
*
*
Año
2003
* Resumen
*
*
*
*
*
Año
2004
* Resumen
*
*
*
*
*
Año
2005
* Resumen
Peñas
Repuestos
Seguros
Trafico
Humor
Dibujos
Epoca
|
Benvidos
á páxina web da Peña Motera Team Trankilos de Cedeira,
estamos na primavera do 2005 e estrenamos un novo modelo de páxina
que esperamos vos guste.
Nacimos como Peña Motera no verán
de 1997, somos unha peña humilde con moi poucos recursos e moita
vontade, co cal non podemos facer grandes maravillas, polo que simplemente
limitámonos a facer unha concentración anual o terceiro
fin de semana de Xullo, de cuias actividades terémosvos informados
nesta páxina no apartado vindeira concentración.
Nosa peña esta formada maioritariamente
por xente de Cedeira e arredores. Neste momento somos 65 socios que coas
súas parexas e fillos pasamos de 140. Somos moteros con todo tipo
de motos: desde o máis pequeno ciclomotor ou scooter e pasando
polas trail, trial, motocross, custom, naked, as máis puras deportivas,
ata as máis grandes gran-turismo, con algún quaz e trike
por medio, e incluso algún que non ten moto pero gústanlle
como ó que máis.
Nosos Telfs. de contacto son: local de reunión:
Cervecería Universal ........ 981 481 060
Paco ............................... 619 310 619
Suso ............................... 609 551 324
C. Neira .......................... 619 367 850
Cedeira é unha vila mariñeira
situada ó noroeste de Galiza, ten 84 Km² de superficie repartidos
en sete parroquias e neste momento ten sobre 8.000 habitantes; está
a 35 Kms. da cidade departamental de Ferrol. Os recursos con que conta
son principalmente o sector pesqueiro e o forestal, logo unha pequena
zona industrial e o sector servicios; todos eles moi humildes e nos tempos
que corremos non están no seu momento máis boiante.
Cedeira ten varias sociedades culturales
e deportivas; tres corais, dúas bandas de música, dúas
bandas de gaitas, dúas agrupacións de baile, un equipo de
fútbol en 1ª rexional, varios equipos de futbito (que unha
vez ó ano fan un maratón de futbito e outro de fútbol
praia), un clube de taekwondo, un clube de natación, un clube de
remo, un clube de vela, o clube de radioaficioados Rías Altas,
unha sociedade de caza, unha sociedade que edita unha revista e os Xogos
Florais de Cedeira, unha sociedade micolóxica que organiza a Festa
dos Cogumelos, os que organizan o Samaín (festa das cabazas), os
que organizan a Festa do Percebe, os que organizan o Festimal, os que
organizan os carnavais, asociacións de veciños de Cedeira
e parroquias, comisións de festas de Cedeira e parroquias, e algunha
outra asociación, clube ou equipo que seguro quedarame no tinteiro.
Como vedes son moitos a pedir cada vez que
se organiza algo, e casi sempre pídeselle ós mesmos (hostelería,
comercio e ó sector servicios en xeral) salvo cando hai rifas por
medio que participan algúns máis.
Pois a Peña Motera Team Trankilos,
a diferencia da maioría destes clubes e sociedades non estamos
constituídos como tal, polo que non temos ningunha subvención
oficial, e só contamos co que nos queira dar o Concello, as cuotas
dos socios e as dos colaboradores; ós que desde aquí dámoslles
as gracias e dedicámoslles un apartado publicitario (algunhos con
fotografías dos seus locais).
Cedeira é un sitio precioso con tódalas
comodidades dunha pequena cidade e un entorno maravilloso, si estás
no medio da vila, nun brinco poste na praia, ou, si o prefires, en dous
estás na montaña.
Cedeira aparte de ser coñecida pola
súa gastronomía e polas súas festas con fogos artificiais
espectaculares, xiras campestres, procesións marítimas,
etc, tamén o é polo santuario de San Andrés de Teixido,
a Garita de Herbeira (onde está o acantilado máis alto da
Europa atlántica con máis de 620 m. de altura), a espectacular
baixada ó faro de Punta Candieira, a Rapa das Bestas ou a Festa
do Percebe.
A Peña Motera Team Trankilos invitámoste
a que a veñas coñecer;.Si xa a coñeces, a que volvas
a visitala. É unha moi boa data pra facelo o terceiro fin de semana
de Xullo de cada ano, que é cando facemos a concentración
de motos Cedeira Costa Oeste.
Si queres saber algo máis de nós
e coñecernos, a continuación tes un resumen ano por ano
do que fixemos con fotografías incluídas, ata é posible
que nalgunha aparezas ti ou algún coñecido teu.
Tamén hai un apartado de fotografías
que vimos nalgures e nos pareceron interesantes, algunhas sacámolas
nós, outras de revistas e outras de páxinas web.
Si continúas coa nosa páxina
cremos que non te vas aburrir.
|